O recuncho dos contos

Nesta sección do noso blog podes atopar diferentes páxinas e enlaces relacionados co fantástico mundo dos contos e, grazas aos cales, poderás disfrutar vendo en vídeo un conto que che apeteza, escoitándoo a través do teu ordenador, coloreándoo se o prefires ou, directamente, creando os teus propios contos e relatos.


A única condición que tés que cumprir non é outra ca de divertirte e pasalo ben sumerxíndote neste fantástico mundo que che ofrecen os contos e todas as historias que neles podes atopar.

Adiante e a disfrutar, porque un bo conto o día che pode alegrar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!





Apetéceche crear o teu propio conto e velo en vídeo? Se é así pulsa AQUÍ




Como? Que marchas para a cama e non sabes que conto ler antes de durmir? Xa estás tardando en pulsar AQUÍ








Gústache colorear? Pero moito moito? Pois pulsa AQUÍ porque atoparás bonitos contos con ilustracións e debuxos para imprimir e colorear. Xa estás tardando en sacar a túa vea artística así que.... preparados, listas e a pintar!!!!!!




Agora mesmo non me apetece ler. Que podo facer? Ofrecémosche unha selección de videocontos infantís para que te relaxes no sofá coa túa bolsa de flocos de millo e disfrutes dunha bonita historia. Acomódate no teu asento que comezamos. Luces, cámara e ACCIÓN!!!






E se tés a televisión estragada? Non te preocupes, que nós che damos unha solución. AQUÍ só precisarás ter un par de orelliñas ben preparadas para disfrutar dunha selección de fantásticos audiolibros infantís e xuvenís que saciarán as túas ansias de boas historias.


 

Ai que ratiño máis feitiño!! E donde está? Pero si é a Biblioteca do Rato!! Nela teredes acceso a gran cantidade de fermosos contos nos que vós vos poderedes converter en protagonistas. Non o dubidebes e animádevos a ENTRAR



No hay comentarios:

Publicar un comentario