jueves, 27 de octubre de 2016

Todos a cantar!!

Ola amiguiños!!

Para que vos vaiades animando un pouquiño máis, aquí vos deixamos un video da canción "O Samaín" do grupo musical Mamá Cabra. polos compañeiros da biblioteca do CEIP Mestres Goldar. Preparados? Sí? Pois a mover o esqueleto!!

Un RUXI - SAÚDO!!





Chega o Samaín!!

Ola amiguiños e amiguiñas!

Como ben sabedes, dentro duns días celebraremos o Samaín. Nesta festa tan "arrepiante", as cabaciñas cobran unha especial importancia para decorar e "aterrorizar" a todos e cantos se atopan con elas. Aquí vos deixamos unha adaptación do conto titulado "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña, creada pola a nosa compañeira Dolores, mestra de Audición e Linguaxe do CRA de Bergondo.

Agardamos que vos guste!



Un RUXI - SAÚDO a todos!!


martes, 13 de septiembre de 2016

Benvidos a todos!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Un ano máis comezamos todos xuntos un novo curso escolar; un curso cargadiño de ilusións, de ganas de traballar moito e, como non, de pasalo moi ben con amigos, compañeiros e mestres. 

Agardamos que disfrutarades moito das vacacións de verán e que esteades desexosos de volver a sumerxirvos de novo no particular universo de historias, contos, relatos... que dende a Biblioteca Escolar vos ofrecemos, así como de participar en todas aquelas actividades que, ao longo do curso, vos vaiamos propoñendo.

A nosa biblioteca está en obras polo que permanecerá pechada ata que rematemos de facer o traslado e poñela a punto. Ademais, aproveitaremos para podermos reorganizar o fondo bibliográfico do que dispoñemos, así como para por en marcha o proceso de seleción e formación dos novos bibliotecarios e bibliotecarias que colaborarán na apertura e funcionamento da mesma. 

En breve teredes noticias. Mentras tanto, disfrutade moito da volta ás clases!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

jueves, 3 de marzo de 2016

Descubrindo San Cibrán de Las

Ola amiguiños!!

Esta semana os compañeiros de 6º de Educación Primaria terán a posibilidade de viaxar no tempo uns 2000 anos aproximadamente, para visitar unha época remota da nosa historia coñecida co nome de época castrexa.

Para iso, desplazaranse ata os restos arqueolóxicos do Castro de San Cibrán de Las, que pasa por ser coñecido por un dos poboados castrexos máis grandes de toda Galicia (tal é o seu tamaño e importancia que incluso se lle coñece co nome de "A Cidade"), e donde tamén visitarán o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa localizado nas súas inmediacións, ubicados ámbolos dous entre os concellos de Punxín e San Amaro (Ourense).

Esperamos que os nosos compañeiros disfruten desta experiencia e que descubran a forma de vida dos nosos antergos entre os siglos II a.C. e II d.C., época na que se localiza a construcción deste castro e o seu máximo esplendor como asentamento.

E para que os que non podades ir visita-lo en persoa aquí vos deixamos algunha información sobre o mesmo así como unha visita en video. Esperamos que sexa do voso interese.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

PULSAR AQUÍ



martes, 23 de febrero de 2016

Coñecendo mellor a obra de Rosalía


Ola amiguiños!!
Como ben sabedes, esta semana estamos inmersos nas actividades relacionadas co Día de Rosalía que se conmemora na data de mañá, día 24 de Febreiro. Así, ademáis das diferentes actuacións que se levarán a cabo na Casa de Cultura do Concello de Barbadás e, das cales xa vos deixamos o programa anteriormente, queremos tamén presentarvos a continuación unha actividade LIM creada polo EDNL do CEIP "Campolongo" de Pontevedra que, gratamente vos recomendamos pola súa claridade e calidade, e que vos permitirá coñecer un pouco mellor a temática abordada por esta gran e ilustre figura da literatura e cultura galegas ao longo da súa valiosa obra.



Agardamos que vos guste e, de paso, felicitamos aos compañeiros do CEIP "Campolongo" polo seu traballo.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


PULSAR AQUÍ

martes, 16 de febrero de 2016

Semana de Rosalía



Ola amiguiños!!

Co gaio da celebración do Día de Rosalía o vindeiro 24 de febreiro, o noso colexio participará na  "Semana de Rosalía" organizada pola Concellaría de Cultura do concello de Barbadás entre o 22 e o 26 de febreiro de 2016. 

Ao longo desa semana, os alumnos do noso centro actuarán na Casa da Cultura do Concello de Barbadás con dramatizacións, recitados, cancións... de poemas da súa excelsa obra. 

O programa de actuacións será o seguinte:

LUNS, 22 DE FEBREIRO DE 2016 ÁS 11:30 HORAS

- Educación Infantil 3 anos A/B: "Adiós ríos, adiós fontes" e "Rosalía pequeniña".

- Educación Infantil 5 anos A/B: "As pitas brancas" e "Imos cantando".

- Educación Primaria 2ºB: "Poema para Xan"


MARTES, 23 DE FEBREIRO ÁS 11:30 HORAS

- Educación Primaria 4º A/B: "Poema por determinar"

- Educación Primaria 5º A/B: "Que ten o mozo?" e "Aires, airiños aires"

- Educación Primaria 6º A/B: "Has de Cantar" e "Pra Habana"


MÉRCORES, 24 DE FEBREIRO

- Teatro de monicreques: "A viaxe de Rosalía" para o alumnado de Educación Infantil 5 anos A/B, Educación Primaria 2º A/B e 4º A/B


Un RUXI - SAÚDO a todos!!



martes, 2 de febrero de 2016

Aprendendo a comer de maneira saudable

Ola amiguiños!

A semana pasada tivemos unha visita moi especial na escola. Así, dende a Consellería de Sanidade de Ourense veunos visitar Purificación Novoa Fernández quen, dentro da campaña "NUNCA SEN ALMOROZO: SEMPRE ALMORZOS SAUDABLES", nos falou tanto da importancia de manter unha alimentación saudable á hora de consumir alimentos, como da importancia de ser compradores responsables e consumidores informados acerca do que mercamos para comer.

Dende aquí o noso agradecemento á Purificación por compartir con nós todos os seus consellos e orientacións e, lembrade, podemos comer rico sen deixar de comer san.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!